viernes, 29 de mayo de 2020

Actividade 16: O encéfalo

- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función?
A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro reptiliano, está conectado ca parte superior da médula espiñal e a súa función é regular funcións vitais básicas como a respirción ou o metabolismo e as reaccións e movementos automáticos.

- Que parte do cerebro desenvolveuse coa aparición dos mamíferos? que nos aportou?

Coa aparición do mamífero desenvolveuse a corteza e o sistema límbico, que rodeou o talo encefálico, o cal nos aportou o aprendizaxe e a memoria.

- Que é e de que se encarga o neocortex?

O neocortex é un novo extracto de células cerebrais , é a rexión das capacidads cognitivas superiores, permite planificar, comprendere desarrollar a vontade. Fai que ademáis aparezan desexos de compromiso para establecer vínculos familiares ou afectivos.

- Cal é a diferenza fundamental a nivel do encéfalo entre os humanos e os chimpancés?

Os cerebros dos chimpancés e dos humanos case non se distinguen á vista. Pero a nosa corteza está máis desarrollada, aínda así a maior diferenza atópase na cantidade de certas cousas, por exemplo temos máis neuronas, máis neocorteza... A corteza dos humanos é dun 80% e dos chimpancés dun 76%. O cal nos permite facer máis cousas e máis complexas. Resumindo, nesa pequena diferenza atópase a clave da distancia entre uns e outros, xa que a maior neocortex maior é o número de células e de conexións entre elas e polo tanto maior é a capacidade de observación, reflexión e aprendizaxe. 

Actividade 15: Unha revista científica en galego

Hoxe imos navegar un pouco por un portal online, é unha revista en galego con diversas entradas de coñecemento científico, chámase GCiencia 

No apartado de saúde podemos atopar numerosas entradas relacionadas co Covid, unha delas, por exemplo, chámase A vacina chinesa é segura e xera anticorpos na súa fase 1, publicada o 25/05/20. A noticia conta que tras probar unha vacina realizada en China observouse que é ben tolerada e capaz de xerar anticorpos, pero os resultados finais serán observados en 6 meses. Urxe a busca dunha vacina e os estudos ata agora son prometedores, aínda que hai que tomalo con cautela. na web en xeral atoparemos moitas entradas sobre este tema, como no apartado de tecnoloxía, pero tamén hai moitas outras de interese como Crean un videoxogo baseado no roubo do Códice Calixtino, publicado o 30/10/2019. Este artigo cóntanos que un grupo de alumnos e alumnas dos graos de Comunicación Audiovisual e Relacións Públicas e Enxeñaría de Tecnoloxías de Comunicación participaron na creación dun videoxogo inspirado no roubo do Códice Calixtino da catedral de Santiago en 2011. Unha nova que seguro que moitos de nos decoñecíamos e axúdanos a valorar o traballo destes xóvenes e pode ser de gran interes sobre todo para quen é aficionado aos videoxogos. noutro dos apartados atopámonos A RAG incorpora "desconfinamento", "Covid" e outras palabras da pandemia, publicada o 22/05/20, que narra que a RAG acordou engadir ao diccionario palabras de uso cotiá nestes tempos como son teletraballo, desconfinamentos, desescalada... Tamén nos fala dos termos máis usados nestes meses. Tamén ten apartados nos que nos fala do mar e cousas relacionadas como a pesca ou o cambio climático. E se nos parece pouco hai outros apartados chamados Natura, Universidade, Nautas... para que poidamos atopar todo o que precisamos. 

En conclusión é un bo portal de libre acceso no que podemos atopar artigos con información sobre case calqueira tema. Como xa dixen as últimas noticias publicadas son maioritariamente, como é lóxico, sobre a pandemia que estamos a sufrir. Pero se buscamos un pouco podemos ler sobre moitos outros temas e en galego!

Actividade 13: Células nai

Vídeo sobre as células nai.

- Como se chama a técnica empregada? 
A técnica é fecundación in vitro. 

- Que quere dicir que "os espermatozoide e os óvulos son células especializadas"? 
Quere decir que son células producidas para adicarse a unha función específica.

- Que son os cromosomas? 
Son unha estructura condensada de ADN, neles se almacena gran parte da información xenética.

- E un blastocisto?  

É o conxunto de células que se forma nos primeiros días do desarrollo embrionario.

- Por que son tan importantes as células nai? 

Son as únicas capaces de dividirse para formar os texidos e órganos do corpo humano e dan lugar a novas investigacións sobre a rexeneración de texidos e solución de enfermidades.

- Que grave problema médico poden resolver estas células?

Con elas poderán tratar enfermidades dexenerativas como o Alzheimer, a diabetes ou a cirrose. Implantando as celulas nai no paciente e conseguir que se dividan formando neuronas, ou células do páncreas, do fígado... ou calquera outro texido que sexa necesario. A medio plazo quizá sexa posible cultivar no laboratorio texidos ou incluso órganos completos, para realizar transplantes, ata agora imposibles.

Actividade 14: Grandes científicos

Hoxe imos falar de dous grandes científicos que propuxeron teorías moi avanzadas á súa época, o cal supuxo un avance nos descubrimentos.

Alfred Wegener, nado en Berlín o 1 de novembro de 1880, foi un meteorólogo e xeofísico pai da xeofísica moderna ao propor a teoría da deriva continental. Doctorouse en xeofísica máis centrou o seu estudo na xeofísica, meteoroloxía e xeoloxía. 
Participou na expedición dirixida polo danés Lud Ludvig Mylius-Erichsen, que tiña como fin a última parte descoñecido da coste noreste de Groenlandia. Alí Wegener construíu a primeira estación meteorolóxica de Groenlandia. Despois do regreso da primeira viaxe desta expedición, en 1908, e ata a primeira guerra mundial estivo traballando como profesor de meteoroloxía, astronomía e física cósmica práctica en Marburgo. Entre 1909 e 1910 traballou no seu libro Termodinámica da atmosfera. En novembro de 1912 comezou a expor publicamente os seus pensamentos sobre a deriva continental. Durante ese tempo coñeceu a Else Köppen, que en 1913 se converteu na súa esposa. Antes da boda fixo unha segunda expedición en Groenlandia. Participou tamén na Primeira Guerra Mundial como oficial da reserva de infantería, donde foi calificado como non apto para loitar e encargouse do servicio de mteoroloxía do exército. En 1915 desarrollou a primeira versión da obra maestra A orixe dos continentes e océanos e ao final da guerra publicou ao redor de 20 traballos meteorolóxicos e xeofísicos. Entre 1919 e 1923 traballou no seu libro Os climas no pasado xeolóxico e en 1922 aparece a terceira edición sobre a orixe dos continentes e océanos. En 1929 realizou a súa terceira viaxe a Groenlandia, onde morreu o 2 de novembro de 1930, por causas dun gran temporal. Tiveron que sobrevivir sen case provisión durante algúns meses e tras celebrar o seu cincuenta aniversario, Wegener saliu a por provisións pero se atopou con fortes rachas de vento e temperaturas inferiores aos -50ºC, polo que o seu corpo foi atopado sepultado baixo a neve o 8 de maio de 1931, o cal aínda segue dentro dun enorme glaciar que algún día quedará flotando coma un iceberg. 
O seu nome sempre será asociado á súa teoría da deriva continental. Nesta el afirmou que o continentes se movían na superficie da Terra ata chegar a unirse como un supercontinente. Comezou a pensar isto cando se decatou de que encaixaban entre eles. Esta teoría explica como os continentes logran cambiar de posición. Tamén explica por qué aparecen certos fósiles de animais e plantas e formacións rochosas similares en diferentes continentes. Realizou varias expedicións a ambos lados do océanos atlántico onde estudou isto. El deduciu que os continentes deberon estar pegados nun só, chamado Panxea, hai uns 300 millóns de anos. A súa teoría foi reemplazada pola teoría da tectónica de placas, xa que tiña fallos. O principal é que el dixo que o que provocaba este movemento era a forza do campo gravitatoria que exerce a Lúa sobre a Terra e orixina as mareas. Tampouco acertou ao considerar que os continentes "surcaban" a corteza.



Charles Darwin naceu en Sherewsbury o 12 de febreiro de 1809. Foi fillo dun médico con fama na localidade. O seu avó, Erasmus Darwin, foi tamén un coñecido médico e importante naturalista, autor dun extenso poema que presentaba unha alegoría ao sistema linneano de clasificación sexual das plantas, as súas outras teorías acabaron desacreditadas pola obra do seu neto. Na súa adolescencia, Darwin, viuse especialmente influenzado polo seu avó e Humboldt. Este último fixo unha expedición nalgunhas colonias españolas, grazas ás cales aportou moitos coñecementos sobre a fauna e flora da zona, o campo magnético terrestre, as condicións sociais e económicas destas colonias, as correntes oceánicas das costas de Sudamérica e unha visión global da estrutura do universo. 
Charles non rematou a súa carreira de mediciña nin lle prestou moita atención á outra que fixo de eclesiástica. Pero as clases ás que asistía voluntariamente sobre botánica si lle aportaron moitos coñecementos.
En decembro de 1831 partiu no Beagle nunha expedición, que tiña como fin completar o estudo topográfico dos territorios da Patagonia, o trazado das costas de Chile, Perú e algunhas illas do Pacífico e a realización dunha cadea de medidas cronométricas ao redor do mundo. Esta viaxe cambiou en certo modo a Darwin e contribuiu na súa educación. Dela obteu tamén a teoría sobre a fomación dos arrecifes de coral .
En 1837 comezou a escribir no seu caderno acerca da transmutación das especies. e acabou chegando a conclusión de que a selección era a clave do éxito na obtención de melloras nas razas de plantas e animais. En 1856 comezou a escribir a teoría da evolución e en 1858 decatouse de que Alfred Russel Wallace publicou algo semellante ao que el decía, ao final os dous chegaron a un acordo. A teoría foi presentada ante a Linnean Society o 1 de xullo de de 1858. Esta propón a selección natural como principal mecanismo como principal mecanismo da evolución. Segundo el a selección natural actúa do seguinte xeito: 

  • Variabilidade: Os individuos dunha mesma poboación presentan variacións ao azar. Algunhas aumentan a probabilidade de supervivencia e reprodución e outras diminúeno.
  • Loita pola existencia: O número de individuos das poboacións manténse, nacen máis dos que poden sobrevivir, Darwin explica que isto é por que se xera unha loita pola existencia debido a que os recursos son limitados. 
  • Reprodución diferencial: Os individuos con variacións favorables sobreviven e reprodúcense con máis éxito, polo que a seguinte xeración herda os seus trazos.
O resultado deste proceso é a adaptación dos organismos ao ambiente. Co tempo e a acumulación destas aparecen novas razas e por último especies. Pero Charles Darwin non puido explicar como se formou o primeiro ser vivo que deu orixen as especies. Un século e medio despois aínda non hai probas concluíntes pero sí teorías máis afincadas, das que xa felei nun anterior post sobre a orixe da vida. 


lunes, 18 de mayo de 2020

Actividade 12: Coronavirus

Aínda que xa falei destse virus anteriormente hoxe fagóo como unha actividade. Así aproveitamos para refrescar esta información e ampliala.

Para ir metendonos en materia hai que comezar falando de qué son os virus. Os virus son axentes de tipo infeccioso que se atopan nas células dos seres vivos. Son parásitos obrigados, só poden sobrevivir parasitando un organismo. Posto que non teñen metabolismo propio e precisan dos ribosomas dos seres vivos para poder reproducirse. Unha vez que os parasitan aliméntanse das súas células e  reprodúcense con gran rapidez. Algúns son inofensivos, máis a maioría causan graves enfermidades coma o SIDA. As células atacadas denomínanse hóspedes e as bacterias fan que estas fagan réplicas delas. Poden parasitar calqueira organismo. Depende da parte á que afecten denomínanse de distinta forma, como por exemplo: dermatrópicos (texidos), pneumotrópicos (pulmóns), neurotrópicos (sistema inmunolóxico)... Hoxe en día prevense e erradícanse con vacinas, que estimulan a produción de anticorpos. Algunhas das enfermidades máis comúns causadas por eles son: o zika, o sarampión e o dengue.

Achegándonos máis ao virus máis extendido actualmente ímos coñecer qué son os coronavirus. Son unha amplia familia de virus que poden afectar tanto a animais como a persoas. Causan infeccións repiratorias que poden ser dende enfermidades leves como un resfriado común ata outras moito máis graves como o síndrome respiratorio de oriente medio (MERS). Deuselle ese nome pola súa apariencia, semella que está coronado cun anel de estruturas redondeadas. Foron descritos por primeira vez na década dos 60, no século pasado. Dende entón atopáronse sete tipos de coronavirus [229E, OC43, SARS-CoV, NL63, HKU1, MERS-CoV E O SARS-CoV-2 (actual COVID-19)]. Os máis relevantes ata agora foron:

  • SARS-CoV: Comezou en China no 2003, afectou a máis de 8.000 persoas e a súa tasa de mortalidade estivo preto do 10%.
  • MERS-CoV: Causante do síndrome respiratorio de Oriente Medio detectado en Arabia Saudí no 2012. Infectou a máis de 2.000 persoas cunha tasa de mortalidade do 35%.
  • SARS-CoV-2: Coñecido como COVID-19. Os primeiros casos foron rexistrados en decembro de 2019, na cidade de Wuhan, China. Actualmente está decretado como pandemia e mantén a maioría de países en corentena. En Espña estamos confinados dende o pasado 14 de marzo e atopámonos xa en fase de desescalada, aínda que todavía temos moitos casos de contaxio e mortes ao día por este patóxeno.

Ata agora afírmase que se contaxia entre humanos, máis certos animais poderían ser os portadores. . O contaxio prodúcese polas vías respiratorias, a través de gotiñas respiratorias que as persoas producen ao tusir, estornudar ou falar. 

O COVID-19 provoca: tos, dor de gorxa, febre, dificultade para respirar, dor de cabeza, calafríos e malestar xeral, secreción e goteo nasal. Tamén pode haber persoas asintomáticas que non presenten ningún destes síntomas. Os casos máis graves dánse en persoas máis vulnerables coma peroas maiores, con inmunodepresión, enfermidades crónicas como a diabete, algúns cancros ou enfermidades pilmonares crónicas. 

Todavía no hai vaciás para previlo, polo que o máis importante é evitar a súa transmisión. Isto conséguese principalmente con medidas de hixiene. Como son desinfectarse as mans frecuentemente, con auga e xabón ou xel hidroalcohólico. Evitar o contacto con outras persoas, sobre todo se están infectadas, mantendo como mínimo unha distancia de dous metros. Usar mascarillas e luvas se é preciso e gardar a corentena se se contrae o virus.

La fábrica de las ilusiones

Este libro é do autor Ignacio Morgado e está publicado pola editorial Ariel. Divídese en 6 apartados que tratan distintos aspectos como a intelixencia, a memoria ou quen somos. A súa vez estes están divididos en máis capítulos, en total son 78. Son pequenos capítulos, en cada un trata unha idea relacionada con ese apartado. Que sexan curtos e abarquen pouca materia cada un fai que sexan máis fáciles de ler e que queras pasar ao seguinte e seguir lendo.

No libro Morgado narra situacións cotiás da vida ou preguntas que todos nos fixemos algunha vez. Contestaás explicando a relación que teñen co cerebro, xa que este manexa todo. Faino de un xeito moi sinxelo, explicandoo primeiro dunha maneira máis científica e logo cun exemplo que axuda a comprendelo moito mellor.

É un libro que recomendo ler. Posto que nos explica o porqué de moitas cousas; por qué actuamos de certo xeito, por qué non podemos controlar as emocións... Tamén fala doutros temas como deixar de fumar, adelgazar, a homosexualidade, etc. E se che gustan os animais tamén fala de eles, contesta dúbidas que seguro che fixeches como por exemplo en que pensa o meu can ou se ven só en blanco e negro.


Actividade 16: O encéfalo

- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...