miércoles, 12 de febrero de 2020

Actividade 9: Hai vida noutros planetas?

Unha pregunta moi frecuente hoxe en día é se hai vida en outros planetas, o certo é que existen evidencias de que si.

Crese que os extremófilos foron os primeiros organismos en poboar a Terra. Os cales poden sobrevivir en temperaturas moi elevadas e condicións extremas, como o calor volcánico, falta de osíxeno, moita presión ou ata o vacío do espazo. Por iso non é difícil pensar que poden habitar en outros planetas ou lúas con condicións similares aos do noso sistema solar.

No planeta Terra caeron moitos meteoritos que pode que fosen o principio da vida, xa que por exemplo se estudou un meteorito que caeu en Exipto e atopáronse as estruturas filamentosas que deixan as bacterias. Isto e outras evidencias lévanos a pensar en esta teoría. O que quere dicir que así como caeron na Terra e orixinaron a vida tamén podería ter pasado iso noutros planetas.

As moléculas que despois evolucionaron ata formar cadeas complexas como o ADN teñen o seu orixe en compostos orgánicos -proteínas, carbohidratos e lípidos- que estiveron disoltos na atmosfera e no océano. Hai evidencias da presenza destes noutros mundos. Titán ten algúns na súa atmosfera e atopáronse outros na Nebulosa de Orión.

Descubríronse varios exoplanetas similares á Terra. Varios deles encóntranse a unha distancia parecida das súas estrelas que o noso do Sol, o que podería producir neles temperaturas similares. Hai sete ao redor da estrela Trappist-1 que poderían albergar formas de vida orgánica. Atópanse na nosa galaxia a 40 anos luz da Terra. Estes son principalmente rochosos  e un 5% da súa masa podería ser auga - na terra a auga só é o 0,02% da masa. Tres de estes atópanse na zona habitable e poderían ter auga líquida na superficie.

Aínda que isto é menos científico hai quen cre que existen os extraterrestres porque nalgúns templos atopáronse xeroglíficos con formas estrañas e representacións moi adiantadas para a época.

La Tierra, reclasificada como planeta híbrido

Actividade 16: O encéfalo

- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...