viernes, 8 de noviembre de 2019

Actividade 6: Fibra óptica

A fibra óptica trátase dun medio de transmisión de datos mediante impulsos fotoeléctricos a través dun fío construído en vidro transparente ou outros materias plásticos. Estes fíos poden son tan finos como un cabelo humano.

COMO FUNCIONA:

Por estes cables transmítese unha sinal  

luminosa dende un extremo do cable ata outro. Esta luz pode ser xerada mediante un láser ou un LED. O modo de transmisión non se basea na transferencia de electróns a través dun material condutor. Senón que atendemos aos fenómenos físicos da reflexión e refracción da luz.

Reflexión                                                        Refracción

Índice de refracción - Wikipedia, la enciclopedia libre Fibra óptica





                                   


O seu uso máis estendido é transportar datos a grandes distancias. Xa que este medio ten un ancho de banda moito maior que os metálicos, menores perdas e maior velocidade de transmisión. Tamén é inmune a interferencias electromagnéticas, polo que non precisa repetidores.

USOS:

Debemos saber que non transporta enerxía eléctrica, só sinais de luz.
  1. Sensores: Utilízase como sensor para medir a temperatura, presión e tensión. Principalmente na industria do petróleo.
  2. Formigón translúcido: Ofrece a resistencia do formigón pero deixar pasar a luz.
  3. Iluminación: Este sistema úsase de forma ecolóxica para recoller a luz natural. ademais pódese cambiar a cor da iluminación sen necesidade de cambiar a lámpada.
  4. Telecomunicacións: Úsase na transmisión de datos en redes.
  5. Menciña: Para a fabricación de endoscopios moi útiles na cirurxía moderna.
  6. Decoración: moitos elementos decorativos empregan este sistema. Por exemplo na decoración de nadal.

 VANTAXES DE USALA:

- Fácil de instalar.
- Transmisión de datos a alta velocidade.
- Conexión directa de centrais a empresas.
- Gran ancho de banda.
- É moito máis flexible e lixeira.
- Acceso ilimitado e continuo, sen interferencias.
- Vídeo e son en tempo real.
- A materia prima para fabricala abunda na natureza.
- Compatibilidade ca tecnoloxía dixital.
- Resistencia ao calor, frío, corrosión e outros factores climáticos.

DESVANTAXES:

- Non é accesible en todas partes, só en cidades onde xa estea instalada unha rede de fibra óptica.
- O costo é alto, as empresas non cobran por tempo de uso, senón por cantidade de información transferida ao ordenador ou calquera outro equipo ou electrodoméstico conectado a internet, a información mídese en bytes.
- O costo de instalación é elevado.
- As fibras son fráxiles.
- Os diminutos núcleos dos cables deben ser aliñados con extrema precisión ao unilos, para evitar unha excesiva perda de sinal.
- O persoal encargado de realizar as fusións e empalmes debe estar especializado.

Las altas de fibra óptica pierden fuelle

CONECTORES PARA A FIBRA ÓPTICA:

Conectores para fibra óptica SC LC ST E2000 - Quality Net ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 16: O encéfalo

- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...