viernes, 29 de mayo de 2020

Actividade 14: Grandes científicos

Hoxe imos falar de dous grandes científicos que propuxeron teorías moi avanzadas á súa época, o cal supuxo un avance nos descubrimentos.

Alfred Wegener, nado en Berlín o 1 de novembro de 1880, foi un meteorólogo e xeofísico pai da xeofísica moderna ao propor a teoría da deriva continental. Doctorouse en xeofísica máis centrou o seu estudo na xeofísica, meteoroloxía e xeoloxía. 
Participou na expedición dirixida polo danés Lud Ludvig Mylius-Erichsen, que tiña como fin a última parte descoñecido da coste noreste de Groenlandia. Alí Wegener construíu a primeira estación meteorolóxica de Groenlandia. Despois do regreso da primeira viaxe desta expedición, en 1908, e ata a primeira guerra mundial estivo traballando como profesor de meteoroloxía, astronomía e física cósmica práctica en Marburgo. Entre 1909 e 1910 traballou no seu libro Termodinámica da atmosfera. En novembro de 1912 comezou a expor publicamente os seus pensamentos sobre a deriva continental. Durante ese tempo coñeceu a Else Köppen, que en 1913 se converteu na súa esposa. Antes da boda fixo unha segunda expedición en Groenlandia. Participou tamén na Primeira Guerra Mundial como oficial da reserva de infantería, donde foi calificado como non apto para loitar e encargouse do servicio de mteoroloxía do exército. En 1915 desarrollou a primeira versión da obra maestra A orixe dos continentes e océanos e ao final da guerra publicou ao redor de 20 traballos meteorolóxicos e xeofísicos. Entre 1919 e 1923 traballou no seu libro Os climas no pasado xeolóxico e en 1922 aparece a terceira edición sobre a orixe dos continentes e océanos. En 1929 realizou a súa terceira viaxe a Groenlandia, onde morreu o 2 de novembro de 1930, por causas dun gran temporal. Tiveron que sobrevivir sen case provisión durante algúns meses e tras celebrar o seu cincuenta aniversario, Wegener saliu a por provisións pero se atopou con fortes rachas de vento e temperaturas inferiores aos -50ºC, polo que o seu corpo foi atopado sepultado baixo a neve o 8 de maio de 1931, o cal aínda segue dentro dun enorme glaciar que algún día quedará flotando coma un iceberg. 
O seu nome sempre será asociado á súa teoría da deriva continental. Nesta el afirmou que o continentes se movían na superficie da Terra ata chegar a unirse como un supercontinente. Comezou a pensar isto cando se decatou de que encaixaban entre eles. Esta teoría explica como os continentes logran cambiar de posición. Tamén explica por qué aparecen certos fósiles de animais e plantas e formacións rochosas similares en diferentes continentes. Realizou varias expedicións a ambos lados do océanos atlántico onde estudou isto. El deduciu que os continentes deberon estar pegados nun só, chamado Panxea, hai uns 300 millóns de anos. A súa teoría foi reemplazada pola teoría da tectónica de placas, xa que tiña fallos. O principal é que el dixo que o que provocaba este movemento era a forza do campo gravitatoria que exerce a Lúa sobre a Terra e orixina as mareas. Tampouco acertou ao considerar que os continentes "surcaban" a corteza.



Charles Darwin naceu en Sherewsbury o 12 de febreiro de 1809. Foi fillo dun médico con fama na localidade. O seu avó, Erasmus Darwin, foi tamén un coñecido médico e importante naturalista, autor dun extenso poema que presentaba unha alegoría ao sistema linneano de clasificación sexual das plantas, as súas outras teorías acabaron desacreditadas pola obra do seu neto. Na súa adolescencia, Darwin, viuse especialmente influenzado polo seu avó e Humboldt. Este último fixo unha expedición nalgunhas colonias españolas, grazas ás cales aportou moitos coñecementos sobre a fauna e flora da zona, o campo magnético terrestre, as condicións sociais e económicas destas colonias, as correntes oceánicas das costas de Sudamérica e unha visión global da estrutura do universo. 
Charles non rematou a súa carreira de mediciña nin lle prestou moita atención á outra que fixo de eclesiástica. Pero as clases ás que asistía voluntariamente sobre botánica si lle aportaron moitos coñecementos.
En decembro de 1831 partiu no Beagle nunha expedición, que tiña como fin completar o estudo topográfico dos territorios da Patagonia, o trazado das costas de Chile, Perú e algunhas illas do Pacífico e a realización dunha cadea de medidas cronométricas ao redor do mundo. Esta viaxe cambiou en certo modo a Darwin e contribuiu na súa educación. Dela obteu tamén a teoría sobre a fomación dos arrecifes de coral .
En 1837 comezou a escribir no seu caderno acerca da transmutación das especies. e acabou chegando a conclusión de que a selección era a clave do éxito na obtención de melloras nas razas de plantas e animais. En 1856 comezou a escribir a teoría da evolución e en 1858 decatouse de que Alfred Russel Wallace publicou algo semellante ao que el decía, ao final os dous chegaron a un acordo. A teoría foi presentada ante a Linnean Society o 1 de xullo de de 1858. Esta propón a selección natural como principal mecanismo como principal mecanismo da evolución. Segundo el a selección natural actúa do seguinte xeito: 

  • Variabilidade: Os individuos dunha mesma poboación presentan variacións ao azar. Algunhas aumentan a probabilidade de supervivencia e reprodución e outras diminúeno.
  • Loita pola existencia: O número de individuos das poboacións manténse, nacen máis dos que poden sobrevivir, Darwin explica que isto é por que se xera unha loita pola existencia debido a que os recursos son limitados. 
  • Reprodución diferencial: Os individuos con variacións favorables sobreviven e reprodúcense con máis éxito, polo que a seguinte xeración herda os seus trazos.
O resultado deste proceso é a adaptación dos organismos ao ambiente. Co tempo e a acumulación destas aparecen novas razas e por último especies. Pero Charles Darwin non puido explicar como se formou o primeiro ser vivo que deu orixen as especies. Un século e medio despois aínda non hai probas concluíntes pero sí teorías máis afincadas, das que xa felei nun anterior post sobre a orixe da vida. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 16: O encéfalo

- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...