Nos últimos anos escótamos moito as palabras "cambio climático", pero estamos realmente concienciados do que está pasando? Algunhas persoas insisten en que isto non existe e que é un invento.
Para poder falar de el primeiro debemos coñecer o que é. O cambio climático é o cambio estable e continuado do clima do planeta durante un período de tempo. Pode estar causado por diversos factores naturais pero neste caso é sobretodo pola acción humana.
Hai imaxes que deixan claro o aumento de temperatura xeral do planeta ao longo dos anos como na primeira. Ou solo no mes de xullo como na segunda para poder observar a importancia do cambio, xa que neste mes a temperatura media estivo 1'2 grados por enriba respecto a era preindustrial.
No século XX a temperatura aumentou case un grado. Os científicos din que entre 2030 e 2052 a temperatura media global podería aumentar ata 1'5 grados. Tamén advirten de que se se sobre pasan os 2 grados os danos serían irreversibles.
Todo isto provoca a parte o desxeo das zonas polares e polo tanto o aumento do nivel do mar.
As imaxes que ides ver a continuación mostran a evolución do xeo no Ártico ao longo dos anos. É moi alarmante ver ao paso que se derrete e como maiormente é polo impacto das persoas. Estamos perdendo unha parte moi importante do planeta. Isto traerá graves consecuencias para nós, xa que o Ártico funciona de conxelador e fai que o planeta non se quente demasiado.
O cambio climático é algo que non podemos negar. Debemos cambialo dende as grandes empresas e políticos, xa que son os que verdadeiramente poden frealo. Pero nós, a nivel persoal, tamén debemos axudar: reducindo o uso de plásticos, o uso de combustibles fósiles, reutilizando e reciclando.

Hoxe en día internet ofrécenos moitas ideas e ferramentas para que esteamos máis informados e actuemos. Está nas nosas mans salvar o planeta.