lunes, 30 de marzo de 2020
sábado, 28 de marzo de 2020
O Sistema Solar
O Sistema Solar é un conxunto de corpos pertencente ao Universo pero, como se formou o Universo? Creouse fai entre 13 e 15 mil millóns de anos mediante o Big Bang. Isto foi unha explosión que provocou que a materia que antes estaba concentrada nun punto comezara a expandirse dando lugar as galaxias.
O sistema solar formouse fai uns 4600 millóns de anos. Está situado a 33.000 anos luz do centro da Vía Láctea. É un conxunto formado polo Sol e oito planetas cos seus respectivos satélites. Están acompañados por planetas ananos, asteroides, innumerables cometas, meteoritos e corpos interplanetarios.
O Sol: É a estrela central do sistema solar, polo tanto tamén é a estrela máis próxima á Terra. Formouse fai 5000 millóns de anos e espérase que dure outros 5000 millóns máis. Marca os días e as noites, a parte de dar calor e facer posible a vida.

Podemos categorizar os outros corpos en tres grupos:
Planeta: É un corpo celeste que está en órbita ao redor dunha estrela, con masa suficiente para ter gravidade e manter o equilibrio hidrostático. Ten forma redonda e impide que outros corpos lle invadan o seu percorrido. Os do noso sistema solar chámanse planetas solares, se orbitan outra estrela chámanse exoplanetas. Teñen dous movementos, o de traslación (orbita ao redor do Sol, determina a duración dun ano nese planeta) e o de rotación (xira sobre si mesmo, determina a duración dun día nese planeta). No noso sistema hai 8 planetas; os interiores, que teñen a superficie sólida, e os exteriores que teñen a superficie gaseosa.

Planeta anano: É un corpo celeste que orbita ao redor dunha estrela, ten suficiente masa para ter a forma esférica pero non a necesaria para despexar a súa órbita, tampouco son satélites doutro planeta. Son: Plutón, Ceres, Haumea, Makemake, Eris...
Os demais obxectos son considerados corpos pequenos do sistema solar, aquí inclúense os asteroides, cometas, meteoroides...
- As galaxias son sistemas de estrelas, gases interestelares e materia escura ligados entre si.
O Sol: É a estrela central do sistema solar, polo tanto tamén é a estrela máis próxima á Terra. Formouse fai 5000 millóns de anos e espérase que dure outros 5000 millóns máis. Marca os días e as noites, a parte de dar calor e facer posible a vida.
Podemos categorizar os outros corpos en tres grupos:
- Planetas internos:
- Mercurio: É o planeta máis cercano ao Sol. Non ten ningún satélite e está composto nun 70% por elementos metálicos. Rotación: 58 días. Traslación: 88 días.
- Venus: É o segundo planeta do sistema solar. É rochoso e o máis similar á Terra en canto a tamaño, masa e composición. Aínda que a presión atmosférica é 90 veces maior á de esta e a súa temperatura media é de 463'85ºC. Ten a atmosfera máis quente do sistema solar debido a que está composta principalmente por gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono; polo que atrapa moito máis o calor do Sol. Non ten satélites. Rotación: 243 días e en sentido contrario ao resto.
- A Terra: É o planeta onde vivimos. é o maior dos catro planetas rochosos e o único que teña vida coñecida. Posee unha atmosfera rica en osíxeno, temperaturas moderadas, auga e unha composición química variada. Tamén ten un campo magnético, capa de ozono e inosfera; que protexen a superficie terrestre das radiacións solares perxudiciais e do impacto de moitos meteoritos. Formouse fai uns 4.550 millóns de anos e a vida apareceun mil millóns de anos despois, estímase que poderá seguir albergando vida durante 500 millóns de anos máis. Está compostra pricipalmente por ferro, osíxeno, silicio, magnesio, xofre, níquel, calcio e aluminio. A estrutura interna está disposta en varias capas: Corteza, manto superior, manto, núcleo externo e núcleo interno. A súa temperatura mínima é de -89'15ºC, a media de 14'05ºC, a máxima é 56'7ºC. Rotación: 24h. Traslación: 365 días.
- Marte: É o cuarto planeta, tamén é coñecido polo nome de planeta vermello, debido a cor roxiza que lle da o óxido de ferro predominante na súa superficie. A súa atmosfera é moi fina. Está formado por rochas e actualmente contén un 0'03% de auga, aínda que fai millóns de anos tivo un gran océano, está composto principalmente por CO2 (95'32%). Ten dous satélites: Fobos (27 km) que xira ao redor de Marte cada 7 horas e media e Deimos que é a metade de Fobos e xira ao redor de Marte cada 30 horas. A súa temperatura mínima é de -86ºC, a media de -46ºC e a máxima de 20ºC. Rotación: 24'62h. Traslación: 686'98 días.
- Planetas externos:
- Xúpiter: É o máis grande do sistema solar. Está formado por hidróxeno, helio, amoniaco, metano... A atmosfera de Xúpiter non presenta unha fronteira clara co interior líquido do planeta, a transición vaise producindo dunha maneira gradual; nela hai nubes e tormentas. Observase nel unha gran mancha vermella, é un anticiclón. O tamaño e intensidade de esta vai variando, actualmente é como dúas veces e media a Terra. Ten 79 satélites e está encollendo 2cm por ano. Rotación: 9'50h. Traslación: 11'86 anos.
- Saturno: É o único con aneis visibles dende a Terra. Ten un núcleo rochoso rodeado de hodróxeno, helio e metano. A súa densidade é menor que a da auga. Ten aproximadamente 200 satélites. A atmosfera ten bandas escuras e zonas claras e fortes ventos. É probable que as nubes superiores estén formadas por cristales de amoniaco. A temperatura media é de -130'15ºC. Rotación: 10'23h. Traslación: 29'46 anos.
- Urano: Está na séptima órbita. Está tan inclinado que o seu Ecuador case forma un ángulo de 90º ca súa órbita. Aínda que ten un diámetro maior que Neptuno a súa masa é menor. Isto indica que está formado por diversos "xeos", como hidróxeno, amoniaco e metano. A súa temperatura media é de -205'2ºC. Ten aneis formados por rochas e 27 satélites. Rotación: 17'9h. Traslación: 84 anos.

- Neptuno: É o máis exterior dos planetas externos. Xunto con Urano é coñecido como o planeta xeado. O seu interior é de rocha fundida con auga, metano e amoniaco. Debido a estar tan lonxe do Sol a temperatura na superficie é de -218ºC. Sen embargo parece que ten unha fonte interna de calor. A atmosfera está dividida en dúas rexións: unha superior onde a temperatura aumenta ca latitude e umha inferior onde a temperatura disminue ca latitude. Neste planeta prodúcense furacáns xigantes, cun diámetro igual ao da Terra e o vento chega aos 2000km/h. Rotación: 16'11h. Traslación: 145 anos.
Planeta anano: É un corpo celeste que orbita ao redor dunha estrela, ten suficiente masa para ter a forma esférica pero non a necesaria para despexar a súa órbita, tampouco son satélites doutro planeta. Son: Plutón, Ceres, Haumea, Makemake, Eris...
Os demais obxectos son considerados corpos pequenos do sistema solar, aquí inclúense os asteroides, cometas, meteoroides...
- Cometa: Son corpos xeados, teñen órbitas amplas e poden tardar ata centos de miles de anos en completalas. Están formados por coleccións soltas de xeo, po e pequenas partículas rochosas. A gran distancia teñen unha atmósfera que envolve o núcleo chamada coma, cando se achega ao Sol este normalmente evapora o xeo formando así a súa cola de po e gas.
- Asteroide: É un corpo relativamente pequeno, inactivo e rochoso que xira ao redor do Sol. A maioría orbita entre Marte e Xúpiter nunha rexión coñecida como cinturón de asteroides.
- Meteoroide: Pequena partícula, desprendida doutro corpo de maior tamaño como un planeta, cometa ou asteroide, que orbita ao redor do Sol.
- Meteoro: É o destello de luz que segue a un meteoroide cando este entra na nosa atmosfera, pero nunca chega a superficie da Terra. Esta luz forma a cola, comunmente coñecémolos como estrelas fugaces.
- Meteorito: É o meteoroide que sobrevive o seu paso pola atmosfera e chega a impactar contra a superficie terrestre.
- Estrelas: Corpos celestes esféricos que xeran enerxía no seu núcleo mediante reaccións termonucleares. Créanse nas rexións máis densas das nebulosas.
- Satélites naturais: Son obxectos espaciais que orbitan ao redor dun planetan en lugar de a redor dunha estrela. Algúns son tan grandes que se xiraran ao redor dunha poderían considerarse planetas. O da Terra é a lúa.
- Satélites artificiais: Envíanse ao espazo nunha lanzadeira espacial. Orbitan ao redor de satélites naturais, asteroides ou planetas. Tras a súa vida útil poden quedar orbitando como lixo espacial ou poden desintegrarse reingresando na atmosfera. As súas divesidades son diversas como telecomunicacións, meteoroloxía, recoñecemento...
Coronavirus
Os coronavirus son unha familia de virus descuberta nos 60, pero a súa orixe todavía é descoñecida. Provocan dende un resfriado ata un síntoma respiratorio grave. Gran parte deles non son graves e case todas as persoas contraen algún ao longo da súa vida, xeralmente na infancia e máis frecuentemente en outono ou inverno.
Nos últimos tres anos provocáronse tres brotes epidémicos a causa do coronavirus:
Nos últimos tres anos provocáronse tres brotes epidémicos a causa do coronavirus:
- SRAS-CoV: É un síndrome respiratorio agudo grave. Iniciouse en 2002 en China, afectou a máis de 8.000 persoas en 37 países. Provocou máis de 700 mortos polo que se extimou a súa mortalidade nun 10%.
- MERS-CoV: Foi detectado por primeira vez en 2012 en Arabia Saudita. Notificáronse ata outubro de 2019 máis de 2.400 casos en distintos países. Morreron máis de 800 persoas, polo tanto a súa letalidade é dun 35%.
- COVID-19: Os primeiros casos apareceron en decembro de 2019 en China. Dende entón o seu contaxio foi continuado e acelerado. A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarárona como situación de pandemia, xa que xa hai infectados na maioría dos países. Moitos países decretaron xa o estado de alarma, como España, onde os habitantes permanecemos confinados nas casa para conter a transmisión.
- Causas: Ata agora transmítese entre humanos pero coñécese que certos animais como os morcegos poden ser portadores. De feito creese que pode ter a súa orixe en animais, xa que os primeiros casos se relacionaron cun mercado de animais vivos en Wuhan. En canto ao MERS é probable que os camelos sexan un importante reservorio, pero aínda se descoñece o papel destes na transmisión do virus. Creese que o virus se orixinou nos morcegos e se pasou aos camelos nun pasado lonxano. O contaxio prodúcese xeralmente por vías respiratorias, a través de gotiñas respiratorias, que as persoas producen ao tusir, estornudar ou falar.
- Síntomas: (dependen da gravidade da infección)
- Tos
- Dor de gorxa
- Febre
- Dificultade para respirar
- Dor de cabeza
- Calafríos e malestar xeral
- Secreción e goteo nasal
- Tamén pode haber persoas asintomáticas, que non posúan ningún síntoma. Os casos máis graves soen darse en persoas maiores, con inmunodepresión, enfermidades crónica como diabetes, algúns cancros ou enfermidade pulmonar crónica.
- Prevención: Todavía non se coñece ningunha vacina nin tratamento para combatilo. Por iso é moi importante evitar contraelo e a súa transmisión. É fundamental lavar as mans a miúdo e non manter contacto con persoas infectadas; protexendo especialmente os ollos, nariz e boca. Ás persoas infectadas aconséllaselle o uso de mascarillas e deben gardar corentena dende que se lles diagnostica ata 15 días despois de ser dadas de alta (xa que poden seguir transmitíndo o virus). Os casos máis leves pódense tratar como un catarro común e lavando moito as mans, gardando repouso e bebendo moitos líquidos. En casos graves é convinte o ingreso hospitalario onde xeralmente o tratarán con antivirais e un soporte respiratorio con osíxeno, dependendo da gravidade do pacente.
- Pronóstico: Aínda é cedo para determinar a súa tasa de mortalidade pero estímase que é inferior á dos anteriores. Aínda que tendo en conta que a súa transmisión está sendo moi superior o número de falecidos tamén é elevado.
- Duración do coronavirus nas superficies:

sábado, 21 de marzo de 2020
Mulleres na ciencia
Ao longo da historia foron poucas as mulleres debidamente recoñecidas en ámbitos como a ciencia. Isto non quere decir que non o merezan xa que elas están detrás de moitos descubrimentos e invencións. Aquí algúns exemplos de inventos que usamos case a diario por mor dunha muller:
- Tipp-ex: Bessie Nesmithm traballaba como secretaria cando o inventou. Era unha sustancia blanca que secaba de forma rápida, de uso persoal para tapar os erros de mecanografía. Pero debido ao seu éxito en 1967 creou a súa propia compañía, "Liquid Paper Corporation".
- Cristal non reflectante: Katherine Blodgett foi a primeira muller en doctorarse en física na Universidade de Kambridge en 1926. Inventou en 1938 o microfilm de estereato de bario, unha película que permite convertir calqueira cristal en non reflectante. Úsase en gafas, cámaras de fotos, telescopios, microscopios, etc.
- Limpiaparabrisas: Mary Anderson percatouse de que os conductores tiñan que abrir as ventanillas cando chovía para poder ver, polo que en novembro de 1903 concedéronlle a patente de un dispositivo de limpeza para os parabrisas.
- Cueiros: Marion Donovan patentou en 1951 os cueiros dun só uso e creou a súa propia empresa para comercializalos.
- Test de Apgar: Virginia Apgar, profesora de anestesioloxía en Nova York, desenrolou esta proba de avaliación que aínda hoxe se lle realiza aos recén nacidos para examinar o seu cadro de vitalidade e reflexos.
- Envasado ao vacío: Amanda Jones conseguiu eliminar o aire dunha lata, inventando así o envasado ó vacío sen necesidade de cociñar previamente os alimentos envasados, mellorando así a súa calidade ao consumilos. Patentárono en 1873 co nome de "O proceso de Jones".
- Libro electrónico: A española Ángela Ruíz Robles foi a precursora de este. Creou unha enciclopedia mecánica co obxectivo de transmitir coñecementos dunha forma máis interactiva. O libro contiña pulsadores, bobinas, luces e desplazables.
- Xeringa: A aportación de Letitia Geer foi moi importante no ámbito médico, Antes xa se usaban xeringas pero moi rudimentarias, mentres que o seu modelo podía usarse cunha soa man, o cal facilitaba moito o traballo dos médicos. Polo que o problema para inxectar sustancias ou extraelas para analizar quedou resolto a partir de 1899 grazas a ela.
- Wifi: Hedy Lamarr inventou durante a Segunda Guerra Mundial un sistema de comunicacións secretas para os torpedos, controlado por radio usando a tecnoloxía de "salto de frecuencia". Este sistema sentou as bases da tecnoloxía que agora coñecemos, dende o wifi ata o GPS.
- Lavavaixelas: Josephine Cochrane fixo realidade unha idea patentada en 1850 por Joel Houghton. Cos seus coñecementos en mecánica e inxienería; e preocupada pola súa valiosa vaixela china en mans dos seus servintes, fabricou esta máquina que é tan usada dende 1893.
- Garfo: O garfo tal como o coñecemos hoxe apareceu en 1077. Chegou a Europa dende Constantinopla grazas a Teodora, filla do emperador Bizancio Constantino X Ducas; que o levou a Venecia ao contraer matrimonio cun duque.
- A calefacción para o coche: En novembro de 1893 Margaret Wilcox patento.u o seu sistema de calefacción. Consistía nun mecanismo que dirixía o aire sobrante do motor cara ó conductor.
- Fregona: Patentárona en 1953 as dúas españolas Julia Montoussé e Julia Rodríguez, nai e filla. Chamárona "dispositivo acoplable a toda clase de recipientes tal como cubos, baldes, calderos y similares para facilitar el fregado, lavado y secado de pisos, suelos, pasillos, zócalos y locales en general".
- Programación informática: Ada Lovelace traballou xunto con Charles Babbage na Universidade de Londres na creación dun motor analítico para desenrolar formas de progamar a máquina con algoritmos matemáticos.
- Suxeitador: En 1919 Caresse Crosby decidiu destrozar un corsé e convertilo en algo moito máis ergonómico.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Actividade 16: O encéfalo
- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...
-
Hola, me llamo Alicia, una alumna de bachillerato. El propósito de este blog es subir noticias y ejercicios de cultuira científica. Espero...
-
- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...
-
A fibra óptica trátase dun medio de transmisión de datos mediante impulsos fotoeléctricos a través dun fío construído en vidro transparente ...
