Hoxe imos navegar un pouco por un portal online, é unha revista en galego con diversas entradas de coñecemento científico, chámase GCiencia .
No apartado de saúde podemos atopar numerosas entradas relacionadas co Covid, unha delas, por exemplo, chámase A vacina chinesa é segura e xera anticorpos na súa fase 1, publicada o 25/05/20. A noticia conta que tras probar unha vacina realizada en China observouse que é ben tolerada e capaz de xerar anticorpos, pero os resultados finais serán observados en 6 meses. Urxe a busca dunha vacina e os estudos ata agora son prometedores, aínda que hai que tomalo con cautela. na web en xeral atoparemos moitas entradas sobre este tema, como no apartado de tecnoloxía, pero tamén hai moitas outras de interese como Crean un videoxogo baseado no roubo do Códice Calixtino, publicado o 30/10/2019. Este artigo cóntanos que un grupo de alumnos e alumnas dos graos de Comunicación Audiovisual e Relacións Públicas e Enxeñaría de Tecnoloxías de Comunicación participaron na creación dun videoxogo inspirado no roubo do Códice Calixtino da catedral de Santiago en 2011. Unha nova que seguro que moitos de nos decoñecíamos e axúdanos a valorar o traballo destes xóvenes e pode ser de gran interes sobre todo para quen é aficionado aos videoxogos. noutro dos apartados atopámonos A RAG incorpora "desconfinamento", "Covid" e outras palabras da pandemia, publicada o 22/05/20, que narra que a RAG acordou engadir ao diccionario palabras de uso cotiá nestes tempos como son teletraballo, desconfinamentos, desescalada... Tamén nos fala dos termos máis usados nestes meses. Tamén ten apartados nos que nos fala do mar e cousas relacionadas como a pesca ou o cambio climático. E se nos parece pouco hai outros apartados chamados Natura, Universidade, Nautas... para que poidamos atopar todo o que precisamos.
En conclusión é un bo portal de libre acceso no que podemos atopar artigos con información sobre case calqueira tema. Como xa dixen as últimas noticias publicadas son maioritariamente, como é lóxico, sobre a pandemia que estamos a sufrir. Pero se buscamos un pouco podemos ler sobre moitos outros temas e en galego!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Actividade 16: O encéfalo
- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...
-
Hola, me llamo Alicia, una alumna de bachillerato. El propósito de este blog es subir noticias y ejercicios de cultuira científica. Espero...
-
- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...
-
A fibra óptica trátase dun medio de transmisión de datos mediante impulsos fotoeléctricos a través dun fío construído en vidro transparente ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario