lunes, 18 de mayo de 2020

Actividade 12: Coronavirus

Aínda que xa falei destse virus anteriormente hoxe fagóo como unha actividade. Así aproveitamos para refrescar esta información e ampliala.

Para ir metendonos en materia hai que comezar falando de qué son os virus. Os virus son axentes de tipo infeccioso que se atopan nas células dos seres vivos. Son parásitos obrigados, só poden sobrevivir parasitando un organismo. Posto que non teñen metabolismo propio e precisan dos ribosomas dos seres vivos para poder reproducirse. Unha vez que os parasitan aliméntanse das súas células e  reprodúcense con gran rapidez. Algúns son inofensivos, máis a maioría causan graves enfermidades coma o SIDA. As células atacadas denomínanse hóspedes e as bacterias fan que estas fagan réplicas delas. Poden parasitar calqueira organismo. Depende da parte á que afecten denomínanse de distinta forma, como por exemplo: dermatrópicos (texidos), pneumotrópicos (pulmóns), neurotrópicos (sistema inmunolóxico)... Hoxe en día prevense e erradícanse con vacinas, que estimulan a produción de anticorpos. Algunhas das enfermidades máis comúns causadas por eles son: o zika, o sarampión e o dengue.

Achegándonos máis ao virus máis extendido actualmente ímos coñecer qué son os coronavirus. Son unha amplia familia de virus que poden afectar tanto a animais como a persoas. Causan infeccións repiratorias que poden ser dende enfermidades leves como un resfriado común ata outras moito máis graves como o síndrome respiratorio de oriente medio (MERS). Deuselle ese nome pola súa apariencia, semella que está coronado cun anel de estruturas redondeadas. Foron descritos por primeira vez na década dos 60, no século pasado. Dende entón atopáronse sete tipos de coronavirus [229E, OC43, SARS-CoV, NL63, HKU1, MERS-CoV E O SARS-CoV-2 (actual COVID-19)]. Os máis relevantes ata agora foron:

  • SARS-CoV: Comezou en China no 2003, afectou a máis de 8.000 persoas e a súa tasa de mortalidade estivo preto do 10%.
  • MERS-CoV: Causante do síndrome respiratorio de Oriente Medio detectado en Arabia Saudí no 2012. Infectou a máis de 2.000 persoas cunha tasa de mortalidade do 35%.
  • SARS-CoV-2: Coñecido como COVID-19. Os primeiros casos foron rexistrados en decembro de 2019, na cidade de Wuhan, China. Actualmente está decretado como pandemia e mantén a maioría de países en corentena. En Espña estamos confinados dende o pasado 14 de marzo e atopámonos xa en fase de desescalada, aínda que todavía temos moitos casos de contaxio e mortes ao día por este patóxeno.

Ata agora afírmase que se contaxia entre humanos, máis certos animais poderían ser os portadores. . O contaxio prodúcese polas vías respiratorias, a través de gotiñas respiratorias que as persoas producen ao tusir, estornudar ou falar. 

O COVID-19 provoca: tos, dor de gorxa, febre, dificultade para respirar, dor de cabeza, calafríos e malestar xeral, secreción e goteo nasal. Tamén pode haber persoas asintomáticas que non presenten ningún destes síntomas. Os casos máis graves dánse en persoas máis vulnerables coma peroas maiores, con inmunodepresión, enfermidades crónicas como a diabete, algúns cancros ou enfermidades pilmonares crónicas. 

Todavía no hai vaciás para previlo, polo que o máis importante é evitar a súa transmisión. Isto conséguese principalmente con medidas de hixiene. Como son desinfectarse as mans frecuentemente, con auga e xabón ou xel hidroalcohólico. Evitar o contacto con outras persoas, sobre todo se están infectadas, mantendo como mínimo unha distancia de dous metros. Usar mascarillas e luvas se é preciso e gardar a corentena se se contrae o virus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 16: O encéfalo

- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...