sábado, 28 de marzo de 2020

Coronavirus

Os coronavirus son unha familia de virus descuberta nos 60, pero a súa orixe todavía é descoñecida. Provocan dende un resfriado ata un síntoma respiratorio grave. Gran parte deles non son graves e case todas as persoas contraen algún ao longo da súa vida, xeralmente na infancia e máis frecuentemente en outono ou inverno.
Nos últimos tres anos provocáronse tres brotes epidémicos a causa do coronavirus:

  • SRAS-CoV: É un síndrome respiratorio agudo grave. Iniciouse en 2002 en China, afectou a máis de 8.000 persoas en 37 países. Provocou máis de 700 mortos polo que se extimou a súa mortalidade nun 10%.
  • MERS-CoV: Foi detectado por primeira vez en 2012 en Arabia Saudita. Notificáronse ata outubro de 2019 máis de 2.400 casos en distintos países. Morreron máis de 800 persoas, polo tanto a súa letalidade é dun 35%.
  • COVID-19: Os primeiros casos apareceron en decembro de 2019 en China. Dende entón o seu contaxio foi continuado e acelerado. A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarárona como situación de pandemia, xa que xa hai infectados na maioría dos países. Moitos países decretaron xa o estado de alarma, como España, onde os habitantes permanecemos confinados nas casa para conter a transmisión.
    • Causas: Ata agora transmítese entre humanos pero coñécese que certos animais como os morcegos poden ser portadores. De feito creese que pode ter a súa orixe en animais, xa que os primeiros casos se relacionaron cun mercado de animais vivos en Wuhan. En canto ao MERS é probable que os camelos sexan un importante reservorio, pero aínda se descoñece o papel destes na transmisión do virus. Creese que o virus se orixinou nos morcegos e se pasou aos camelos nun pasado lonxano. O contaxio prodúcese xeralmente por vías respiratorias, a través de gotiñas respiratorias, que as persoas producen ao tusir, estornudar ou falar.
    • Síntomas: (dependen da gravidade da infección)
      • Tos
      • Dor de gorxa
      • Febre
      • Dificultade para respirar
      • Dor de cabeza
      • Calafríos e malestar xeral
      • Secreción e goteo nasal
      • Tamén pode haber persoas asintomáticas, que non posúan ningún síntoma. Os casos máis graves soen darse en persoas maiores, con inmunodepresión, enfermidades crónica como diabetes, algúns cancros ou enfermidade pulmonar crónica.
    • Prevención: Todavía non se coñece ningunha vacina nin tratamento para combatilo. Por iso é moi importante evitar contraelo e a súa transmisión. É fundamental lavar as mans a miúdo e non manter contacto con persoas infectadas; protexendo especialmente os ollos, nariz e boca. Ás persoas infectadas aconséllaselle o uso de mascarillas e deben gardar corentena dende que se lles diagnostica ata 15 días despois de ser dadas de alta (xa que poden seguir transmitíndo o virus). Os casos máis leves pódense tratar como un catarro común e lavando moito as mans, gardando repouso e bebendo moitos líquidos. En casos graves é convinte o ingreso hospitalario onde xeralmente o tratarán con antivirais e un soporte respiratorio con osíxeno, dependendo da gravidade do pacente. 
    • Pronóstico: Aínda é cedo para determinar a súa tasa de mortalidade pero estímase que é inferior á dos anteriores. Aínda que tendo en conta que a súa transmisión está sendo moi superior o número de falecidos tamén é elevado. 
    • Duración do coronavirus nas superficies:
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 16: O encéfalo

- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...