sábado, 28 de marzo de 2020

O Sistema Solar

O Sistema Solar é un conxunto de corpos pertencente ao Universo pero, como se formou o Universo? Creouse fai entre 13 e 15 mil millóns de anos mediante o Big Bang. Isto foi unha explosión que provocou que a materia que antes estaba concentrada nun punto comezara a expandirse dando lugar as galaxias.
  • As galaxias son sistemas de estrelas, gases interestelares e materia escura ligados entre si.
O sistema solar formouse fai uns 4600 millóns de anos. Está situado a 33.000 anos luz do centro da Vía Láctea. É un conxunto formado polo Sol e oito planetas cos seus respectivos satélites. Están acompañados por planetas ananos, asteroides, innumerables cometas, meteoritos e corpos interplanetarios.

O Sol: É a estrela central do sistema solar, polo tanto tamén é a estrela máis próxima á Terra. Formouse fai 5000 millóns de anos e espérase que dure outros 5000 millóns máis. Marca os días e as noites, a parte de dar calor e facer posible a vida.



Podemos categorizar os outros corpos en tres grupos:

Planeta: É un corpo celeste que está en órbita ao redor dunha estrela, con masa suficiente para ter gravidade e manter o equilibrio hidrostático. Ten forma redonda e impide que outros corpos lle invadan o seu percorrido. Os do noso sistema solar chámanse planetas solares, se orbitan outra estrela chámanse exoplanetas. Teñen dous movementos, o de traslación (orbita ao redor do Sol, determina a duración dun ano nese planeta) e o de rotación (xira sobre si mesmo, determina a duración dun día nese planeta). No noso sistema hai 8 planetas; os interiores, que teñen a superficie sólida, e os exteriores que teñen a superficie gaseosa.
  • Planetas internos:

    • Mercurio: É o planeta máis cercano ao Sol. Non ten ningún satélite e está composto nun 70% por elementos metálicos. Rotación: 58 días. Traslación: 88 días.
    • Venus: É o segundo planeta do sistema solar. É rochoso e o máis similar á Terra en canto a tamaño, masa e composición. Aínda que a presión atmosférica é 90 veces maior á de esta e a súa temperatura media é de 463'85ºC. Ten a atmosfera máis quente do sistema solar debido a que está composta principalmente por gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono; polo que atrapa moito máis o calor do Sol. Non ten satélites. Rotación: 243 días e en sentido contrario ao resto.
    • A Terra: É o planeta onde vivimos. é o maior dos catro planetas rochosos e o único que teña vida coñecida. Posee unha atmosfera rica en  osíxeno, temperaturas moderadas, auga e unha composición química variada. Tamén ten un campo magnético, capa de ozono e  inosfera; que protexen a superficie terrestre das radiacións solares perxudiciais e do impacto de moitos meteoritos. Formouse fai uns 4.550 millóns de anos e a vida apareceun mil millóns de anos despois, estímase que poderá seguir albergando vida durante 500 millóns de anos máis. Está compostra pricipalmente por ferro, osíxeno, silicio, magnesio, xofre, níquel, calcio e aluminio. A estrutura interna está disposta en varias capas: Corteza, manto superior, manto, núcleo externo e núcleo interno. A súa temperatura mínima é de -89'15ºC, a media de 14'05ºC, a máxima é 56'7ºC. Rotación: 24h. Traslación: 365 días. 
    • Marte: É o cuarto planeta, tamén é coñecido polo nome de planeta vermello, debido a cor roxiza que lle da o óxido de ferro predominante na súa superficie. A súa atmosfera é moi fina. Está formado por rochas e actualmente contén un 0'03% de auga, aínda que fai millóns de anos tivo un gran océano, está composto principalmente por CO2 (95'32%). Ten dous satélites: Fobos (27 km) que xira ao redor de Marte cada 7 horas e media e Deimos que é a metade de Fobos e xira ao redor de Marte cada 30 horas. A súa temperatura mínima é de -86ºC, a media de -46ºC e a máxima de 20ºC. Rotación: 24'62h. Traslación: 686'98 días. 
  • Planetas externos: 
    • Xúpiter: É o máis grande do sistema solar. Está formado por hidróxeno, helio, amoniaco, metano... A atmosfera de Xúpiter non presenta unha fronteira clara co interior líquido do planeta, a transición vaise producindo dunha maneira gradual; nela hai nubes e tormentas. Observase nel unha gran mancha vermella, é un anticiclón. O tamaño e intensidade de esta vai variando, actualmente é como dúas veces e media a Terra. Ten 79 satélites e está encollendo 2cm por ano. Rotación: 9'50h. Traslación: 11'86 anos. 
    • Saturno: É o único con aneis visibles dende a Terra. Ten un núcleo rochoso rodeado de hodróxeno, helio e metano. A súa densidade é menor que a da auga. Ten aproximadamente 200 satélites. A atmosfera ten bandas escuras e zonas claras e fortes ventos. É probable que as nubes superiores estén formadas por cristales de amoniaco. A temperatura media é de -130'15ºC. Rotación: 10'23h. Traslación: 29'46 anos. 
    • Urano: Está na séptima órbita. Está tan inclinado que o seu Ecuador case forma un ángulo de 90º ca súa órbita. Aínda que ten un diámetro maior que Neptuno a súa masa é menor. Isto indica que está formado por diversos "xeos", como hidróxeno, amoniaco e metano. A súa temperatura media é de -205'2ºC.  Ten aneis formados por rochas e 27 satélites. Rotación: 17'9h. Traslación: 84 anos. 
                                                        
    • Neptuno: É o máis exterior dos planetas externos. Xunto con Urano é coñecido como o planeta xeado. O seu interior é de rocha fundida con auga, metano e amoniaco. Debido a estar tan lonxe do Sol a temperatura na superficie é de -218ºC. Sen embargo parece que ten unha fonte interna de calor. A atmosfera está dividida en dúas rexións: unha superior onde a temperatura aumenta ca latitude e umha inferior onde a temperatura disminue ca latitude. Neste planeta prodúcense furacáns xigantes, cun diámetro igual ao da Terra e o vento chega aos 2000km/h. Rotación: 16'11h. Traslación: 145 anos.

Planeta anano: É un corpo celeste que orbita ao redor dunha estrela, ten suficiente masa para ter a forma esférica pero non a necesaria para despexar a súa órbita, tampouco son satélites doutro planeta. Son: Plutón, Ceres, Haumea, Makemake, Eris...

Os demais obxectos son considerados corpos pequenos do sistema solar, aquí inclúense os asteroides, cometas, meteoroides...
  • Cometa: Son corpos xeados, teñen órbitas amplas e poden tardar ata centos de miles de anos en completalas. Están formados por coleccións soltas de xeo, po e pequenas partículas rochosas. A gran distancia teñen unha atmósfera que envolve o núcleo chamada coma, cando se achega ao Sol este normalmente evapora o xeo formando así a súa cola de po e gas.
  • Asteroide: É un corpo relativamente pequeno, inactivo e rochoso que xira ao redor do Sol. A maioría orbita entre Marte e Xúpiter nunha rexión coñecida como cinturón de asteroides.
  • Meteoroide: Pequena partícula, desprendida doutro corpo de maior tamaño como un planeta, cometa ou asteroide, que orbita ao redor do Sol.
                                                    
  • Meteoro: É o destello de luz que segue a un meteoroide cando este entra na nosa atmosfera, pero nunca chega a superficie da Terra. Esta luz forma a cola, comunmente coñecémolos como estrelas fugaces.
  • Meteorito: É o meteoroide que sobrevive o seu paso pola atmosfera e chega a impactar contra a superficie terrestre. 
  • Estrelas: Corpos celestes esféricos que xeran enerxía no seu núcleo mediante reaccións termonucleares. Créanse nas rexións máis densas das nebulosas.
                                                     
  • Satélites naturais: Son obxectos espaciais que orbitan ao redor dun planetan en lugar de a redor dunha estrela. Algúns son tan grandes que se xiraran ao redor dunha poderían considerarse planetas. O da Terra é a lúa.
                                          
  • Satélites artificiais: Envíanse ao espazo nunha lanzadeira espacial. Orbitan ao redor de satélites naturais, asteroides ou planetas. Tras a súa vida útil poden quedar orbitando  como lixo espacial ou poden desintegrarse reingresando na atmosfera. As súas divesidades son diversas como telecomunicacións, meteoroloxía, recoñecemento...
                                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 16: O encéfalo

- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...