- Tipp-ex: Bessie Nesmithm traballaba como secretaria cando o inventou. Era unha sustancia blanca que secaba de forma rápida, de uso persoal para tapar os erros de mecanografía. Pero debido ao seu éxito en 1967 creou a súa propia compañía, "Liquid Paper Corporation".
- Cristal non reflectante: Katherine Blodgett foi a primeira muller en doctorarse en física na Universidade de Kambridge en 1926. Inventou en 1938 o microfilm de estereato de bario, unha película que permite convertir calqueira cristal en non reflectante. Úsase en gafas, cámaras de fotos, telescopios, microscopios, etc.
- Limpiaparabrisas: Mary Anderson percatouse de que os conductores tiñan que abrir as ventanillas cando chovía para poder ver, polo que en novembro de 1903 concedéronlle a patente de un dispositivo de limpeza para os parabrisas.
- Cueiros: Marion Donovan patentou en 1951 os cueiros dun só uso e creou a súa propia empresa para comercializalos.
- Test de Apgar: Virginia Apgar, profesora de anestesioloxía en Nova York, desenrolou esta proba de avaliación que aínda hoxe se lle realiza aos recén nacidos para examinar o seu cadro de vitalidade e reflexos.
- Envasado ao vacío: Amanda Jones conseguiu eliminar o aire dunha lata, inventando así o envasado ó vacío sen necesidade de cociñar previamente os alimentos envasados, mellorando así a súa calidade ao consumilos. Patentárono en 1873 co nome de "O proceso de Jones".
- Libro electrónico: A española Ángela Ruíz Robles foi a precursora de este. Creou unha enciclopedia mecánica co obxectivo de transmitir coñecementos dunha forma máis interactiva. O libro contiña pulsadores, bobinas, luces e desplazables.
- Xeringa: A aportación de Letitia Geer foi moi importante no ámbito médico, Antes xa se usaban xeringas pero moi rudimentarias, mentres que o seu modelo podía usarse cunha soa man, o cal facilitaba moito o traballo dos médicos. Polo que o problema para inxectar sustancias ou extraelas para analizar quedou resolto a partir de 1899 grazas a ela.
- Wifi: Hedy Lamarr inventou durante a Segunda Guerra Mundial un sistema de comunicacións secretas para os torpedos, controlado por radio usando a tecnoloxía de "salto de frecuencia". Este sistema sentou as bases da tecnoloxía que agora coñecemos, dende o wifi ata o GPS.
- Lavavaixelas: Josephine Cochrane fixo realidade unha idea patentada en 1850 por Joel Houghton. Cos seus coñecementos en mecánica e inxienería; e preocupada pola súa valiosa vaixela china en mans dos seus servintes, fabricou esta máquina que é tan usada dende 1893.
- Garfo: O garfo tal como o coñecemos hoxe apareceu en 1077. Chegou a Europa dende Constantinopla grazas a Teodora, filla do emperador Bizancio Constantino X Ducas; que o levou a Venecia ao contraer matrimonio cun duque.
- A calefacción para o coche: En novembro de 1893 Margaret Wilcox patento.u o seu sistema de calefacción. Consistía nun mecanismo que dirixía o aire sobrante do motor cara ó conductor.
- Fregona: Patentárona en 1953 as dúas españolas Julia Montoussé e Julia Rodríguez, nai e filla. Chamárona "dispositivo acoplable a toda clase de recipientes tal como cubos, baldes, calderos y similares para facilitar el fregado, lavado y secado de pisos, suelos, pasillos, zócalos y locales en general".
- Programación informática: Ada Lovelace traballou xunto con Charles Babbage na Universidade de Londres na creación dun motor analítico para desenrolar formas de progamar a máquina con algoritmos matemáticos.
- Suxeitador: En 1919 Caresse Crosby decidiu destrozar un corsé e convertilo en algo moito máis ergonómico.
sábado, 21 de marzo de 2020
Mulleres na ciencia
Ao longo da historia foron poucas as mulleres debidamente recoñecidas en ámbitos como a ciencia. Isto non quere decir que non o merezan xa que elas están detrás de moitos descubrimentos e invencións. Aquí algúns exemplos de inventos que usamos case a diario por mor dunha muller:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Actividade 16: O encéfalo
- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...
-
Hola, me llamo Alicia, una alumna de bachillerato. El propósito de este blog es subir noticias y ejercicios de cultuira científica. Espero...
-
- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...
-
A fibra óptica trátase dun medio de transmisión de datos mediante impulsos fotoeléctricos a través dun fío construído en vidro transparente ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario