Moitas estrelas acaban convertidas en ananas brancas (prodúcese cando unha estrela de masa menor que 1/9 masas solares agota o seu combustible nuclear) ou estrelas de neutróns (resultado do colapso gravitacional dunha estrela superxigante masiva despois de agotar o seu combustible no núcleo e explotar como unha supernova) mais os buratos negros representan a última fase na evolución das enormes estrelas que foron de 10 a 15 veces máis grandes que o noso Sol.
Cando as estrelas xigantes alcanzan o estadío final das súas vidas estalan en cataclismos coñecidos como supernovas. Esta explosión dispersa a meirande parte da estrela ao vacío espacial pero queda unha gran cantidade de restos fríos nos que se produce a fusión. Nas estrelas xóvenes, a fusión nuclear crea enerxía e unha presión exterior constante que se atopa en equilibrio ca forza de gravidade interior que produce a súa masa, sen embargo nos restos dunha supernova non hai forza que se resista a gravidade, polo que a estrela comeza a replegarse sobre sí mesma.
Sen forza que frene a gravidade o burato negro encolle ata un volume cero, en cuxo punto pasa a ser infinitamente denso. Incluso a luz de dita estrela é incapaz de escapar a súa inmensa forza gravitatoria, que se mira atrapada en órbita, o que lle dá nome á escura estrela.
Os buratos negros atraen a materia e incluso a enerxía hacía sí, pero non en maior medida que outras estrelas de masa similar. Isto significa que un burato negro ca mesma masa que o noso sol non aspiraría máis obxectos cara sí que o noso sol ca súa propia forza gravitacional.
Os planetas, a luz e outra materia debe pasar preto do burato para ser atraídos dentro do seu radio de acción. Cando alcanzan un punto sen retorno díse que entraron no horizonte de sucesos, un punto do que é imposible escapar porque require moverse a unha velocidade superior á da luz.
Os buratos negros teñen un tamaño pequeno. Un burato dunha masa solar dun millón tería un radio duns tres km, é dicir, só unhas catro veces o tamaño do noso sol. Dado que son tan pequenos, distantes e escuros, os buratos negros non poden ser observados de maneira directa. Os científicos sabían da súa existencia medindo a masa dunha rexión do espazo e buscando zonas cunha gran masa escura.
Hai moitos buratos en sistemas binarios (sistema estelar composto por dúas estrelas que orbitan mutuamente ao redor dun cetro de masas común). Estes buratos atraen continuamente masa da súa estrela veciña, aumentando o burato negro e encollendo á outra estrela compañeira ata que se esvaece por completo.
Poden existir varios buratos negros supermasivos no centro de algunhas galaxias, incluida a Vía Láctea. Poden ter unha masa de 10 a 100 mil millóns de soles. Son parecidos aos buratos negros máis pequenos pero alcanzan estas dimensións ao haber moita materia no interior da galaxia que poden atraer. Poden acumular cantidades de materia ilimitadas.

Información recollida do National Geographic e Wikipedia:
https://www.nationalgeographic.es/espacio/agujeros-negros
https://es.wikipedia.org/wiki/Agujero_negro
https://es.wikipedia.org/wiki/Enana_blanca
https://es.wikipedia.org/wiki/Estrella_de_neutrones
https://es.wikipedia.org/wiki/Estrella_binaria

No hay comentarios:
Publicar un comentario