jueves, 28 de noviembre de 2019

Bebés á carta

Por bebés á carta enténdense tres definicións:

Donación de gametos: Persoas que queren ter fillos mediante este método van a un centro de fertilización asistida. Alí teñen base de datos dos doantes. Conteñen características físicas, educativas e laborais do doante. Tamén se lle fai un  recoñecemento xenético para detectar posibles enfermidades e evitar transmitirllas ao embrión. Polo tanto os pais poden elexir as características do seu gameto, xeralmente as que máis se parecen as súas, que serán os pais.

Resultado de imagen de donación de gametos Resultado de imagen de donación de gametos


O diagnóstico xenético preimplantacional ou PGD: É unha técnica que permite estudar o ADN dun embrión. Despois de conseguir a fertilización asistida os médicos analizan unha célula de cada embrión para detectar determinadas patoloxías de orixen xenético e implantan no útero da nai só os embrións sans. Tamén permite descubrir qué embrións desenrrolaran rasgos xenéticos como cabelo rubio ou ollos verdes e seleccionar só os que teñan as características deseadas. Axuda aos pais a decidir qué embrións implantar no útero pero non hai modificación no ADN.



A técnica de edición xenética sería a verdadeira posibilidade de deseñar un bebé. Permite identificar o defecto nun xen, e correxir ese erro. Poderíamos correxir defectos xenéticos que desencadearían en enfermidades ou incluso  características físicas como a altura. Pero todavía está nunha etapa experimental en bacterias e animais, para averiguar que efectos secundarios poderían ter nas persoas.  Aínda así un científico chino usou esta técnica, inventada por Charpentier, por primeira vez na historia, manipulando xenéticamente o ADN dun embrión human para lograr dous bebés inmunes ao virus do Sida. Ignorou as consecuencias que podería ter. Moitos outros científicos opinan que actuou de unha forma irresponsable. Traspasou unha barreira que a bioquímica puso, e iso que estes tratamentos están dirixidos a persoas que xa padecen a enfermidade. Calquera outro uso de esta é ilegal, xa que aínda non está de todo investigado, as consecuencias son irreversibles e pasaran de unhas xeracións a outras.

Vantaxes:
  • Previr ou erradicar enfermidades como o cancro.
  • Evitar que os fetos nazan con enfermidades hereditarias, pois se curarán no útero da nai.
  • Aumentar a lonxevidade
  • Pode ser útil na hormona do crecemento para tratar fracturas óseas, queimaduras na pel, etc.
  • Crear super atletas ou o bebé exacto que os pais queiran.
  • Podería usarse en animais. Isto permitiría protexer unha especie como o demo de Tasmania, hoxe en peligro de extinción debido a un cancro infeccioso.
  • E tamén en plantas, como nos castaños da Costa Este de Estados Unidos, volvéndoos resistentes ao chancro do castaño que  arruinou seu crecimento.
  • A edición xenética incluso podería servir para recuperar especies extintas, mesturando xens da especie extinta cos dunha especie existente.

Desvantaxes:
  • Altera de maneira permanente os códigos xenéticos.
  • Pouco ético.
  • Pode xerar sobrepoboación debido ao incremento da lonxevidade.

A pesar de todo é un tema que xera moita polémica. Hai xente que o mira como unha mellora e o consideran unha extensión da práctica médica. Por outro lado quen posee unha visión máis respetuosa ca natureza mira isto como algo inmoral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 16: O encéfalo

- Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o talo encefálico ou cerebro repti...