Aínda non se sabe moito acerca do interior da Terra, xa que nos resulta imposible chegar ata el; coñécese máis acerca da distribución de materia no Sol.
A maioría de descubrimentos sobre as capas do noso planeta achegáronos os xeólogos R. D. Olham, Mohorovichic e Lehmann estudando as sismografías de terremotos. Déronse conta de que as ondas chegaban ata un punto moi profundo e logo rebotaban. Así descubriron que a Terra ten un núcleo interno e outro externo ademais de outras capas como a codia e o manto.
No mesmo período en que Lehmann descubriu que hai dous núcleos Charles Ritcher e Beno Gutenberg estudaban a relación entre un terremoto e outro. Crearon así a escala de Ritcher, unha maneira arbitraria de medir os terremotos baseándose en medicións da superficie.
No hay comentarios:
Publicar un comentario